Desnudo
- INV:
- 9169
- Año de creación:
- 1980 - 1983
- Dimensiones:
- 79 x 20 x 15
- Técnica:
- Bronce e granito
Comentarios
A muller, o seu corpo esvelto e estilizado, é un recorrente en Buciños, que ten ó ser humano como tema e fondo da súa obra.A figura feminina, de corpo rotundo, adopta unha actitude tranquila, parece estar saíndo do baño ou espreguizándose dun longo sono. Os seus brazos estendidos acollen o delicado rostro, do que só percibimos un perfil.
Das formas redondas, modeladas, dun pulimentado perfecto, sobresaen os peitos que violenta a suave superficie. A luz, que baña uniformemente a figura, queda suspendida e atrapada neses dous puntos convertidos en destelos luminosos que resaltan sobre o resto do corpo de formas esenciais. O rostro, de liñas finas, transmite a sensación de preguiza e sensualidade, nun xesto entre ausente e indiferente.
Na obra son evidentes os vínculos coas representacións femininas propias do Impresionismo e do Postimpresionismo. Os seus brazos extendidos remiten ás bailarinas de Degás o mesmo que o seu corpo espido fai pensar nas bañistas de Renoir ou de Pierre Bonnard, mulleres captadas en momentos íntimos e privados.